Escoitar

Santi Domínguez salienta que a iniciativa "Verán de lecer" é unha aposta pola integración das persoas discapacitadas

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar, María Méndez, compartiron hoxe unha parte da xornada cos nenos e nenas que participan no campamento "Verán de lecer" para persoas con discapacidade. Santi Domínguez salientou que este iniciativa é un claro exemplo "da nosa aposta pola integración real e por que a igualdade de oportunidades para todos e todas se materialice día a día".

xoves, 9 xul 2009
1247142735verandelecer.jpg
O nacionalista quixo incidir en que "por fin os nenos e nas nenas con discapacidade poden gozar dun verán de lece coma calquera outro". Explicou que este ano a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social fixeron un esforzo para ofertar ata un máximo de 210 prazas entre os meses de xullo e agosto. Segundo explicou, son 30 prazas cada semana en xullo e 40 semanais en agosto. Ademáis o campamento ofrece tamén a posibilidade de contar con trasporte adaptado e en agosto inclúe comedor.

O tenente de alcalde dixo que a importancia deste campamento non radica somentes en que ofrece aos rapaces e rapazas con discapacidade a posibilidade de participar en obradoiros, facer excursións, visitas ou ir á piscina, senon que tamén permite ás familias "un respiro que é fundamental".

Santi Domínguez adiantou que o ano que vén vaise seguir avanzando e o obxectivo é desenvolver tamén campamentos de integración, nos que as persoas con discapacidade poidan compartir o seu tempo de lecer con outros nenos e nenas das súa idade. A este respecto explicou que este ano se adicou a esta iniciativa un orzamento de 34.800 euros, que triplica o de calquera actividade que se ten feito neste ámbito ata o de agora no Concello de Vigo.

O campamento "Verán de lecer" está dirixido a persoas con discapacidade de máis de 6 anos. No mes de xullo desenvólvese nas instalacións do colexio Saladino Cortizo e en agosto empregaránse as instalacións de APAMP. As persoas participantes desenvolven diferentes tipos de actividades entre as 10 e as 14.30 horas.
Descargar todas as imaxes