Inaugurada a Praza do Pobo Galego
O alcalde Abel Caballero acompañado do presidente do Colexio de Arquitectos, Salvador Fraga e o arquitecto Jesús Irrisarri asistiron hoxe a inauguración da Praza do Pobo Galego. O alcalde sinalou que "a Praza do Pobo Galego se recupera, erguese como o Ave fénix, sobre as súas propias cinzas érguese este extraordinario complexo arquitectónico e cidadán. Dous anos despois do seu inicio ábrese este proxecto que vai concluir coa reforma da rúa Doutor Cadaval".
Caballero salientou no acto de inauguración que "a reforma desta Praza, xunto co novo edificio do Colexio de Arquitectos e a reforma da rúa Doctor Cadaval están na liña iniciada na cidade, facer un Vigo máis habitable para os cidadáns".
Salvador Fraga, sinalou que a inauguración desta Praza se realiza nun mal momento porque a crise afecta principalmente o seu sector, agradeceu especialmente a todos os que tiveron que ver no desenvolvemento deste proxecto. A idea dunha praza para os cidadáns aporta un valor engadido o edificio que albergará a sede do Colexio "é unha obriga do Colexio de Arquitectos coa cidade, poñer espacios para os cidadáns"
Jesús Irrisarri, arquitecto do proxecto, explicou a orixe do deseño, quixeron responder dende o século XXI o que deben facer os arquitectos e pensaron nun espacio urbano practicable, o que se pode acceder dende diferentes zonas. No solo quedan as pedras que no seu momento foron o muro da parcela do Pobo Galego e o resto da edificación, mantendo así o espíritu do que no seu momento foi esa zona.