O Goberno Local aproba o programa de reforzo da Policía Local para e tempada estival
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe , nunha sesión extraordinaria e urxente, o programa de reforzo da Policía Local para o ano 2009, de carácter voluntario, e co fin de atender os servizos ordinarios e os propios da época estival.
O goberno local aprobou unha partida de 148.024 en concepto de productivade para o programa de reforzo. Os efectivos policiais atenderán os servizos ordinarios e os propios da época estival como o incremento das festas populares, os eventos deportivos na rúa, ou risco de incendios no rural.
A Xunta aprobou o expediente de contratación dos servizos para as escolas infantís municipais consistente en aportación do persoal necesario para a docencia e coidado integral dos menores matriculados, servizo comedor, servizos nutrición, mantemento de conservación e limpeza dos edificios escolares e do material didáctico, por un importe de 771.466.
As escolas infantís municipais para nenos e nenas de entre 0 a 3 anos son a de Santa Cristina de Lavadores; Santa Marta no Casco Vello; Atalaia en teis e Costeira en Saiáns. As escola ofertan 240 prazas.
O alcalde informou tamén un investimento dun millón de euros en educación para reparacións, mantemento, electricidade e calefacción. Na reunión de hoxe aprobouse a instalación de calefacción nos centros CEIP Ria de Vigo CEIP Islas Cíes
O Goberno Local aprobou unha solicitude ao Ministerio de Fomento de cesión do tramo da A-55 ( avda.Madrid) ao seu paso polo termo municipal de Vigo para a trnsformación en vía urbana.
A solicitude formúlase tendo en conta o Regulamento Xeral de Estradas que dispón, entre outras consideracións, que se adquire a condición de vía urbana ó cumprir as condicións de que o tráfico da estrada sexa maioritariamente urbano e que exista alternativa viaria que manteña a continuidade da rede de estradas do Estado, proporcionando mellor nivel de servizo.
Abel Caballero informou da recepción das obras de urbanización do Polígono 1 do PERI 4 de Barreiro, permite dar a licencia de ocupación a 100 vivendas de protección. Queda pendente de realizar unha serie de obras cun investimento de 247.386 para dar servizo á piscina e outras dotacións.