Escoitar

Aberta en Vigo a oficina do Rexistro Mercantil

O alcalde, Abel Caballero, acompañado da directora xeral de Rexistros e Notarías, María Angeles Alcalá Díaz, abriron hoxe a oficina do Rexistro Mercantil, tras 23 anos de demanda desta instalación. De xeito temporal a oficina está aberta no número 15 da rúa Luis Taboada de Vigo.

luns, 6 xul 2009
1246883865P7060852.JPG
O alcalde subliñou que o Ministerio de Xustiza cumple así cun compromiso asumido hai meses, "o compromiso do ministro Bermejo, e que asumiu Francisco Caamaño, é unha realidade na cidade de Vigo". A directora xeral de Rexistros e Notarías, María Angeles Alcalá, quixo felicitar o persoal do rexistro que lograron en dous meses poñer en marcha esta oficina, "en canto saíu a orde ministerial puxeronse a traballar" engadíu.

Os rexistradores de Pontevedra, Vicente Artime e Ana María López atenderán dende hoxe a todas as empresas da cidade de Vigo. A oficina que hoxe inicia a súa actividade con 6 personas traballando están preparados para prestar todo o servizo necesario, "se é necesario ampliarase o persoal" comentou o rexistrador, Vicente Artime.
Descargar todas as imaxes