xoves, 4 dec 2008
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, anunciou este xoves que a rúa Teófilo Llorente experimentará unha profunda transformación tras as obras que se están levando a cabo e que contan cun orzamento de 994.308 euros. O nacionalista sinalou que a rúa terá un carácter eminentemente peonil, coa restrición do tráfico rodado, e nela se colocará arborado e mobiliario urbano.
xoves, 4 dec 2008
Abel Caballero explicou que a Xerencia de Urbanismo aprobou comezar os trámites de expropiación das casas deshabitadas que alí se atopan para o posterior derrubo e conversión en zona verde. O alcalde salientou este xoves que con esta actuación se resolve un problema "ancorado e enquistado" na cidade.
xoves, 4 dec 2008
O alcalde presidiu este xoves a reunión do Consello Asesor da Alcaldía de Novas Tecnoloxías, coa presenza da dirección de Telefónica, Vodafone, R e o INEO, entre outros, a quen lle encargou a elaboración dun informe que propoña medidas concretas que convertan a Vigo en "cidade punteira das novas tecnoloxías".
xoves, 4 dec 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, animou á cidadanía a asistir como espectadores á representación da obra "Aladín perdido na Galiza", que se estrea o vindeiro sábado no Teatro de Arte Livre ás17 horas, dada a súa "profunda reflexión sobre a integración". Ademais, a concelleira nacionalista anima a participar na campaña "Un xoguete para un amigo de lonxe", coa que se quere achegar xoguetes a nenos e nenas con menos recursos.