Escoitar

Medio Ambiente instalará un sistema de control de ruidos

A concelleria de Medio Ambiente ten previsto instalar o próximo ano un sistema de control de ruídos , sincronizado en tempo real, nas zonas da cidade co maior contaminación acústica. Así consta nos presupostos para o 2009 do departamento de Medio Ambiente e que ven de presentar o concelleiro Santos Hector Rodríguez.

mércores, 3 dec 2008
1228315142camino.jpg
Participantes na ruta das Cíes
A concellería de Medio Ambiente contará cun investimento total de 2.573.000 euros. Estos presupostos inclúen a construcción dunha nova ponte de madeira no río Lagares para o que se destinará 50.000 euros; para a instalación do sistema de control de ruídos adicaranse 200.000 euros . O programa "Camiño a camiño", que ten como obxectivo por en valor os recursos naturais de Vigo, contará con 90.000 euros.

A Ofiña Municipal ó Consumidor –OMIC- contará cunha partida de 222.657 euros. Neste servicio tentarase impulsar a xunta arbitral de consumo. No Laboratorio municipal cun presuposto de 726.194 realizarase unha auditoria seguindo a norma ISO 17025 co fin de mellorar o actual sistema de calidade.

Sanidade, outro servizo que depende da Concelleria de Medio Ambiente, contará cun investimento de 175.441, dos que 60.000 destinaranse ao Plan Saúde, que oferta unha serie de actividades para potenciar os hábitos de vida saudables entre a poboación viguesa de todas as idades.

O servizo municipal de Cemiterios con 305.239 euros de presuposto , construirá o próximo ano140 ciniceros no cemiterio de Lavadores. Para o servizo veterinario destinase unha partida de 26.587 euros .
Descargar todas as imaxes