O alcalde expón en Sevilla o papel proactivo de Vigo fronte á crise
Abel Caballero ofreceu este mércores en Sevilla un relatorio dentro do Seminario "Cidades para Tempos de Crise: como progresar nun ambiente adverso", no que expuso a nova forma de entender o Concello de Vigo, desde a economía, adoptando unha postura proactiva no análise e procura de solucións para os sectores estratéxicos da cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este mércores a Sevilla para ofrecer un relatorio do papel da cidade fronte a crise, o rol proactivo que se está a adoptar desde o Concello para involucrarse na crise, analizala e ser parte das posibles solucións.
Abel Caballero avogou por "unha nova forma de entender os Concellos, desde a economía", no que os municipios deben actuar, un procedemento que desde Vigo se establece principalmente en varias liñas de actuacións, explicou o alcalde: interlocución cos axentes locais capaces de ofrecer emprego, xeración de nichos de emprendedores e interrelación entre o Concello e a Consellería de Traballo e a Xunta de Galicia para a materialización dos plans de emprego da cidade.
Neste aspecto, o rexedor citou as 14 actividades que conforman o Plan Municipal de Emprego 2007-2011, seis máis que no anterior, dirixidos fundamentalmente aos colectivos en risco de exclusión e con dificultades de conseguir un traballo, o que supón un volume de contratación de 300 persoas e 6 millóns de euros de investimento.
O alcalde explicou que, nunha cidade industrial como é Vigo, a actitude proactiva do municipio significa estar presentes na Mesa organizada polo Ministerio de Industria para abordar a situación do sector do automóbil, que emprega a máis de 10.000 persoas no gran Vigo, e a constitución de ámbitos de diálogo cos sectores estratéxicos para a economía e o emprego da cidade, como o naval, o téxtil, as tecnoloxías da información ou o granito, citou Abel Caballero.
O Seminario "Cidades para tempos de Crise: como progresar nun ambiente adverso", convocado en Sevilla, reúne a cidades e organismos co obxectivo de intercambiar impresións e experiencias de primeira man acerca de como está afectando a crise económica ao avance dos distintos proxectos urbanos en marcha e sobre todo a explorar camiños para facer das cidades e rexións urbanas motores impulsores que permitan, desde o local, remontar unha situación de orixe global.