Escoitar

0 alcalde trasladará as demandas do naval á Xunta e ó Goberno de España

Abel Caballero continuou este martes co Clúster do Naval os encontros que está a manter cos sectores estratéxicos de Vigo; unhas mesas coas que o alcalde adopta unha postura activa como "elemento vinculante" entre os pilares da economía e o emprego vigués e os gobernos autonómico e estatal. <br />

martes, 2 dec 2008
1228227171aclunaga.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, se entrevistou este martes coa directiva de ACLUNAGA, a Asociación Clúster do Naval Galego, asentado fundamentalmente en Vigo, para coñecer as principais demandas do sector e trasladarllas á Xunta de Galicia e o Goberno de España.

Segundo informou en rolda de prensa Abel Caballero, os representantes de ACLUNAGA lembraron que o sector conta cunha importante carteira de pedidos, que chega ata os anos 2012 ou 2014, se ben houbo no 2008 caída da demanda aínda que contan con plena ocupación.

No encontro, no que tamén estiveron presentes o concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, e o edil de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor Rodríguez, o alcalde coñeceu os problemas de financiamento que están a afectar tanto ao sector naval como as compañías armadoras, o que pode facer perigar algún encargo, se ben a maior parte deles están consolidados.

A este respecto, Abel Caballero fixo un chamamento ás entidades para que financien aos sectores industriais, que continúen a exercer o seu labor crediticio coa industria, en especial co naval. Igualmente, o alcalde indicou que se buscarán outras vías de financiamento, como o IGAPE e o ICO.

O rexedor vigués subliñou que a terceira demanda plantexada polo Clúster do Naval foi a necesidade de retomar os niveis de conflitividade razoables anteriores aos dous últimos anos no naval. Abel Caballero afirmou que é preciso que se recorra á negociación e ao diálogo para conseguir as xustas melloras laborais nun clima pacífico.

O alcalde e a dirección de ACLUNAGA, encabezada polo seu presidente, Xosé Domínguez, acordaron manter unha próxima reunión para continuar co traballo da mesa sectorial do naval.
Descargar todas as imaxes