Escoitar

O alcalde anuncia o inicio da conversión da parte baixa de Celso Emilio Ferreiro nunha zona verde

Abel Caballero explicou que a Xerencia de Urbanismo aprobou comezar os trámites de expropiación das casas deshabitadas que alí se atopan para o posterior derrubo e conversión en zona verde. O alcalde salientou este xoves que con esta actuación se resolve un problema "ancorado e enquistado" na cidade.

xoves, 4 dec 2008
1228398577aldeasinfantiles.JPG
O alcalde entrevistouse coa dirección de Aldeas Infantís
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves que a Xerencia de Urbanismo acordou este xoves iniciar os trámites para a expropiación das vivendas da parte baixa da rúa Celso Emilio Ferreiro, unha esquina que será transformada nunha zona verde.

Con esta resolución, indicou o rexedor, se da comezo ao proceso da valoración, expropiación e posterior derrubo das casas, que están deshabitadas, unha actuación "de execución imprescindible" que leva "15 ou 20 anos de atraso", e que se acometerá no prazo máis breve posible.

Esta acción completa o conxunto de actuacións que se están a levar a cabo no entorno, como a escalinata de Blein Budiño en Venezuela, a subestación eléctrica no Castro e agora a esquina de Celso Emilio Ferreiro, citou Abel Caballero.

O alcalde mostrou a súa satisfacción pola resolución dun problema "ancorado e enquistado" da cidade durante décadas.

Aldeas Infantís
O alcalde, na mañá deste xoves, entrevistouse coa dirección de Aldeas Infantís, quen solicitaron, segundo informou o propio Abel Caballero, a realización dun proxecto de familias de extensión, é dicir, nenos e nenas que, por distintas circunstancias, son coidados polos seus avós ou tíos, e que precisan de apoio para o seu sustento e educación.

O alcalde afirmou que estudarán a proposta, e felicitou á entidade pola súa labor coa cidade e a colaboración "moi importante" co Concello de Vigo, con pisos de acollida e centros de día.
Descargar todas as imaxes