venres, 31 marzo 2006

Exposición didáctica "mar e arte"

venres, 31 mar 2006

O colexio público "Ría de Vigo" amosa unha exposición que pon en contacto o mar e a arte , dentro do proxecto didáctico "A ría de Vigo:os seus Tesouros"seleccionado no concurso de ideas para a elaboración e desenvolvemento de programas educativos que promoveu o Servizo de Educación do Concello.

Máscara Produccións representa "Caldo de conciencia"

venres, 31 mar 2006

Esta fin de semana a compañía viguesa Máscara Produccións ofrece dúas representacións da súa obra "Caldo de conciencia", dentro da programación de artes escénicas do departamento municipal de Cultura, a través da Rede Galega de Teatros. As representacións serán o sábado e o domingo ás 20 horas no Auditorio Municipal.

O luns comeza o ciclo de "Música Sacra"

venres, 31 mar 2006

Un percorrido pola música da Idade Media, o Renacemento, Barroco e Clásico centran o repertorio do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura e que terá lugar os días 3,4,5 e 6 de abril ás 20:45 horas na parroquia-santuario "María Auxiliadora", con entrada libre ata completar a capacidade.