Escoitar

Máscara Produccións representa "Caldo de conciencia"

Esta fin de semana a compañía viguesa Máscara Produccións ofrece dúas representacións da súa obra "Caldo de conciencia", dentro da programación de artes escénicas do departamento municipal de Cultura, a través da Rede Galega de Teatros. As representacións serán o sábado e o domingo ás 20 horas no Auditorio Municipal.

venres, 31 mar 2006
"Caldo de Conciencia" é unha dramatización de textos xornalísticos e literarios que critica desde o humor temas de actualidade coma a guerra de Irak ou a situación de Palestina.

Sipnosis

Sexamos positivos e busquemos o lado fermoso e bó do horror. O mundo é unha tráxica comedia retransmitida en directo. Cáseque todo está permitido e xustificado por parte duns poderes omnímodos que empregan os informativos e os xornais como propaganda publicitaria da impunidade e do medo. Contra o quinto poder, esa atmósfera na que as palabras perden o seu significado orixinal, redescubrimos a contrapropaganda, o teatro político, o panfleto irónico. Porque somos inxenuos e porque temos que rir da falta de escrúpulos e da estupidez, facemos "caldo de conciencia". Sexan positivos: busquen o lado fermoso e bó do horror: non pensen e non actúen. Lávense as mans. O sistema funciona, ¡qué mundo!.

Ficha artística e técnica

Actores: Xerome Calero, Pablo Puga e María Álvarez Lagarón.
Escenografía: Pablo Puga
Deseño cartel/programa: Verónica Codesido
Música directo: María Álvarez Lagarón
Música gravada: Goran Bregovic, Ivann Tiersen e Weber.
Gravación musical: Beatriz Míguez
Traducción: Antón Casal
Producción: Máscara Produccións
Selección de textos, dramaturxia e dirección: Xerome Calero