Escoitar

O pleno aproba a compra de novos vehículos e a construción de dúas novas piscina cubertas

O servizo de Bombeiros contará proximamente de novos vehículos para combater eficazmente os sinistros , segundo acordou a Corporación Municipal na sesión plenaria de hoxe ao aprobar unha modificación de crédito polo que se poderá adquirir un vehículos de rescate e salvamento, un de rescate acuático e un todo terreo.

venres, 31 mar 2006
O Pleno aprobou o contrato de xestión de servizo público con construcción de obra como forma de administración dos equipamentos deportivos, que inclúe a edificación dunha piscina cuberta e praza central na zona de Barreiro II e doutra piscina cuberta en Florida B.

O regulamento de Participación Cidadá aprobouse , por parte do pleno, na súa fase inicial e entre os seus obxectivos está facilitar e promover a iniciativa e participación das e dos veciños e entidades cidadás na xestión municipal, sen menoscabo das competencias legalmente atribuídas aos órganos establecidos pola lei e facer efectivos os dereitos recollidos no artigo 18 da LRBRL. Co Regulamento facilitarse a máis ampla información sobre as actividades e a xestión municipal; crearanse os órganos e mecanismos que garantan as posibilidades de consultar aos veciños. Outros dos principios xerais do regulamento de Participación Cidadá é fomentar o asociacionismo cidadán; achegar a xestión municipal ao cidadán; garantir a solidariedade e equilibrio entre os distintos barrios e parroquias que se integrarán nas xuntas de distritos municipais.

O pleno tamén aprobou a modificación puntual do acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ó servizo do Concello.