O Concello dirixirase á Xunta e ao Goberno central para garantir a prestación eficaz do servizo de correo en Vigo
O Concello de Vigo, segundo acordou o seu Pleno este luns, dirixirase á Xunta de Galicia para que inste o Ministerio de Fomento a garantir a "prestación eficaz" do servizo de correo no termo municipal "en condicións de igualdade e non discriminación polo lugar de residencia".
A decisión foi adoptada por unanimidade dos concelleiros, que deron o seu apoio a un texto transaccional formado a partir dunha moción do BNG e outra do PP, ambas referidas ao Real Decreto 503/2007, polo cal se modifica o 1829/1999, no que se aproba o regulamento para a prestación do servizo postal universal.
Como consecuencia da aprobación do artigo 37, apartado cuarto "a", do referido Real Decreto, e da súa consideración sobre os contornos especiais nos que se repartirían os envíos, "as primeiras prexudicadas", segundo reza a moción do PP, serán aquelas vivendas situadas a máis de 250 metros dunha vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos.
É por isto que PP e BNG, recordando o alto índice de dispersión poboacional que presenta Galicia, con máis de 32.000 núcleos poboacionais, defenderon a través de cadansúa moción que se evite unha situación na que boa parte dos habitantes do rural se verían discriminados. Isto afectaría tamén o termo municipal de Vigo, que conta con numerosos barrios e parroquias.
Deste xeito, o acordo adoptado por unanimidade polo Pleno insta o Goberno central a modificar o artigo único número 37 do Real Decreto no seu punto 4, "a fin de eliminar calquera referencia" ao límite máximo de 250 metros en relación á vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos.
Descargar todas as imaxes