Escoitar

O alcalde recibe a Bernardo Parajó, representante da Axencia da Enerxía

Abel Caballero recibiu este luns no seu despacho a Bernardo Parajó, representante da Axencia da Enerxía. No encontro, o alcalde emprazou a Parajó a unha posterior reunión coa concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, para desenvolver o programa de desenvolvemento enerxético da cidade.

luns, 7 xan 2008
1199715699enerxia070108.jpg
Con esta reunión, o alcalde quixo recoñecer o labor da Axencia da Enerxía no desenvolvemento dun modelo de acople de enerxía a través da luz solar. Esta innovación, que utiliza tecnoloxía punta obtendo resultados rendibles, estase estendendo actualmente por toda España, co visto bo da comunidade ciéntifica.
Descargar todas as imaxes