O Festival Aéreo de Vigo 2008 buscará consolidarse entre os máis importantes de Europa
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este venres no seu despacho o director do Festival Aéreo de Vigo, Pablo González, para comezar a preparar a edición de 2008 deste evento internacional, que o ano pasado se converteu no máis importante deste tipo dos que se celebran en España, superando o que ten lugar en Barcelona.
O obxectivo compartido polo Concello e a organización do Festival Aéreo de Vigo é, segundo afirmou Caballero, "situarnos claramente entre os pioneiros de Europa" no que a eventos destas características se refire.
Unha das iniciativas que o alcalde tomará nesta dirección será a de pórse en contacto co Estado Maior do Aire coa intención de "solicitarlle un esforzo especial" para apoiar o Festival Aéreo de Vigo.
Na reunión mantida co alcalde, Pablo González comunicoulle algunhas das novidades coas que contará a edición deste ano. Caballero adiantou que estas novidades serán "certamente importantes" pero recordou que polo de agora non se poden desvelar.
O Festival Aéreo de Vigo 2007 celebrouse o pasado 22 de xullo, congregando nas marxes da ría un gran número de espectadores. Entre as presenzas destacadas pola espectacularidade das súas acrobacias no aire estiveron as da Patrulla Águila española, a do Eurofighter (caza de combate insignia da OTAN) e as visitas de patrullas de Portugal e Francia.
Descargar todas as imaxes