O MARCO pecha 2007 con máis de 87.000 visitantes
Neste ano 2007 que acaba de rematar, e que coincidiu coa celebración do seu 5º aniversario, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo rexistrou un notable incremento de público respecto a períodos anteriores, cun total de 87.027 visitantes entre os meses de xaneiro e decembro, fronte aos 72.470 de 2006.
Estas cifras, sumadas aos visitantes de anos anteriores (24.040 entre novembro e decembro de 2002, 51.955 en 2003, 47.095 en 2004, e 58.470 en 2005) dan como resultado un total de 341.057 visitantes dende a data de apertura ao público do museo o 13 de novembro de 2002 ata o 31 de decembro de 2007.
En canto ao reparto de visitantes por meses, unha das variacións máis significativas deste ano respecto a 2006 foi o aumento de visitantes nos meses de verán e durante o último cuadrimestre, a partir da posta en marcha da nova modalidade de entrada gratuíta a partir do mes de xullo. Tamén, a excelente resposta de público durante a celebración da festa do 5º aniversario fixo que os datos do mes de novembro fosen excepcionais en canto ao número de visitantes e a súa participación nas actividades.
A programación do MARCO en 2007 incluíu un total de 10 exposicións temporais: ‘Entre Fronteiras’, ‘Paperback’, ‘Documentos’, ‘Escoitar.org’, ‘Novos horizontes’, ‘Carlos Rial’, ‘Doppelgänger’, ‘Retratos doutro século’, ‘A viaxe dislocada’, e ‘Tempo ao tempo’, a mostra conmemorativa do seu 5º aniversario, que ocupou todos os espazos do edificio a partir do mes de outubro. O programa educativo (visitas e obradoiros para escolares, actividades para familias, obradoiros de verán, cursos de adultos, visitas guiadas, obradoiros de artista) e o conxunto de actividades paralelas e complementarias (xornadas, conferencias, concertos, ciclos de cine) ademais dos servizos da Biblioteca-Mediateca e das actividades da Agrupación de Amigos, foron outros compoñentes esenciais na oferta do MARCO aos seus visitantes neste ano 2007.
Descargar todas as imaxes