Escoitar

O Plan Xeral está case a punto para ser enviado á Xunta de Galicia

O alcalde, Abel Caballero, indicou este luns que o Plan Xeral está practicamente listo para a súa remisión á Xunta de Galicia, que será a que decida sobre a súa aprobación definitiva. "Mañá <por este martes> estaremos en condicións de envialo", afirmou.

luns, 7 xan 2008
Caballero explicou que o documento do Plan Xeral consta de "miles de follas que teñen que ser compulsadas" e que esta tarefa veu sendo realizada nos últimos días por catro funcionarios da Xerencia Municipal de Urbanismo.

O alcalde cualificou o próximo envío do PXOM á Xunta de "magnífica noticia para a cidade", xa que o documento "está en condicións de ser aprobado na súa totalidade".