Unha mostra na Casa das Artes reúne os proxectos galardoados cos Premios Grandearea
Os 17 proxectos arquitectónicos galardoados cos Premios Grandearea de Aportación á Arquitetura foron reunidos nunha exposición que se pode visitar na Casa das Artes ata o próximo 6 de xaneiro. As obras pertencen a categorías como as vivendas unifamiliares, os edificios de vivendas, rehabilitación e obra pública.

Os Premios Grandearea de Aportación á Arquitetura son os galardóns que outorga a Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a arquitectos e promotores por obras visadas na Delegación.
A exposición, organizada coa colaboración da Concellería de Cultura, inclúe as obras premiadas, visadas na Delegación de Vigo ao longo do ano 2006, principalmente correspondentes a proxectos realizados no concello así como nos outros municipios do sur da provincia de Pontevedra. Este ano as obras galardoadas son 17 e pertencen a categorías como as vivendas unifamiliares, edificios de vivendas, rehabilitacións e obra pública.
Os Premios Grandearea de Aportación á Arquitetura supoñen un recoñecemento a promotores e arquitectos polo seu labor conxunto para obter unha expresión arquitectónica do feito cultural actual. Prémianse tanto proxectos básicos e de execución como obras xa construídas (finais de obra). Os galardóns teñen como obxecto animar a arquitectos e promotores a realizar arquitetura de calidade dándoa a coñecer e destacando os seus valores. Os galardóns entregáronse onte xoves durante o acto de inauguración da exposición.
Os premios son una iniciativa da Delegación xurdida hai seis anos. Cada trimestre fállanse os premios da estación que se expoñen e publican na páxina web www.coag.es/vigo/grandearea.
A mostra pode visitarse na planta primeira da Casa das Artes ata o próximo 6 de xaneiro, nos seguintes horarios: de luns a venres, de 18.00 a 21.30 horas; os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas, e os domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas.