Caballero afirma que os trámites da biblioteca do Estado avanzan "a velocidade de cruceiro"
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este xoves co arquitecto da Dirección Xeral do Libro, Miguel Renta Huerta, para avanzar no proxecto da biblioteca estatal de Vigo. Segundo Caballero, os trámites para dotar a cidade desta infraestrutura avanzan "a velocidade de cruceiro".
O alcalde explicou que o obxecto da visita de Miguel Renta Huerta foi o de "ver in situ o lugar" no que se construirá a nova biblioteca, nos terreos contiguos á praza do Rei onde actualmente está situada a Panificadora. Ademais, o arquitecto da Dirección Xeral do Libro transmitiulle a Abel Caballero as súas "intencións xerais" sobre o proxecto. A biblioteca do Estado contará cun edificio de dous niveis (un de catro plantas e o outro de cinco), que se pretende chegue a ser, coa remodelación da praza, parte dun novo espazo emblemático de reunión e celebración en Vigo.
Abel Caballero adiantou que o seguinte paso será a realización, por parte da Dirección Xeral do Libro, dun plan da biblioteca do Estado de Vigo no que se contemple "que partes terá" e con que características, ademais doutras cuestións como as relacionadas co arquivo de que disporá.
Unha vez elaborado este plan, o Ministerio de Cultura e o Concello asinarán un convenio de colaboración que suporá o chanzo previo á saída a concurso do proxecto da nova biblioteca. O alcalde, quen cualificou esta infraestrutura de "dereito histórico da cidade de Vigo", indicou que "intentaremos integrar" a Consellería de Cultura no mencionado acordo.
Descargar todas as imaxes