Mozos e mozas poderán prepararse para o Nadal coas Tardes e Noites Vivas
O venres 14 e o sábado 15, dentro do programa Tardes e Noites Vivas, van ter lugar diversos obradoiros onde os mozos e mozas de Vigo poderán ir preparándose para as festas do Nadal.
Así, poderán aprender a elaborar algúns pratos típicos destas datas no obradoiro de "Cociña de Nadal" e tamén algunhas receitas novas no "Obradoiro de chocolate". Para crear ambiente haberá que acudir ao de "Adornos de Nadal" e para invitar aos amigos, nada mellor que prepararlle uns "Cócteles sen alcohol".
Ademais, como veñen tempos de festas, pódense practicar algúns bailes para despois poder lucirse (latinos, moderno, danza oriental, stepmanía) ou poñerse en forma practicando algunhas actividades deportivas (fútbol sala, defensa persoal, aeróbic, parkour, baloncesto). Tamén se poderán preparar algúns agasallos moi persoais como pulseiras de coiro ou artigos feitos con ganchillo.
Aqueles que estean interesados nas novas tecnoloxías terán un espazo onde poder acceder a internet, chatear, conectarse polo messenger, participar na liga de xogos en rede, tocar a guitarra co teclado do PC ou aprender algo de Linux para PC´s vellos.
Ademais de todo isto, tamén poderán participar no sorteo de 25 MP4, 20 marcos dixitais, 20 altofalantes con webcam e micro e 3 bicicletas pregables.
A programación completa de Tardes e Noites Vivas pódese atopar: na Casa da Xuventude (López Mora, 31), Punto Xove (r/ López de Neira, 27), Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas), stands da Concellería de Xuventude nos diferentes centros comerciais, institutos, etc., ou na páxina web www.xuventudevigo.org.
Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), teléfono: 986 294 806, correo electrónico: xuventude@vigo.org.