Escoitar

O Concello podería participar no programa de cooperación da OEI a partir de 2008

O Concello de Vigo podería participar a partir de 2008 no programa de cooperación internacional da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) apoiando iniciativas no campo da educación en varios dos seus países membros. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, tras reunirse co secretario xeral da OEI, Álvaro Marchesi.

xoves, 13 dec 2007
1197556693marchesi131207.jpg
Neste sentido, Caballero mostrou a súa preferencia por algún país iberoamericano que conte cunha nutrida colonia en Vigo, entre os cales mencionou a Arxentina, Uruguai e Perú. Trataríase, segundo argumentou o alcalde, de devolverlles a estes países parte dos beneficios que a presenza dos seus cidadáns en Vigo reporta ao desenvolvemento local.

Caballero adiantou que para concretar as condicións da colaboración a concelleira de Educación, Laura López-Atrio, se porá en contacto coa Secretaría de Organización da OEI. Finalmente, o alcalde asegurou non desbotar "unha partida concreta de Alcaldía ou de Educación" en 2008 para financiar esta axuda.
Descargar todas as imaxes