O alcalde visita as melloras realizadas na lonxa de baixura pola Consellería de Pesca
O alcalde, Abel Caballero, a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, e o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Paz, visitaron este venres as instalacións da lonxa de baixura-cerco do Porto de Vigo para comprobaren as melloras que nela se realizaron grazas ao financiamento da Consellería.
Estas melloras forman parte das accións contempladas no convenio de colaboración asinado o pasado mes de abril entre Pesca e a Autoridade Portuaria para a automatización e dotación de medios técnicos e informáticos ás lonxas de baixura-cerco e de conxelados do porto pesqueiro de Vigo.
A finalidade desta iniciativa é mellorar o seguimento e o tratamento global das descargas de pesca que se realizan nas lonxas dependentes da Autoridade Portuaria. Tamén se persegue a mellora na comercialización, identificación, tramitación administrativa e facturación de cara ao coñecemento en tempo real dos datos de primeira venda e para a súa conexión á Plataforma Tecnolóxica da Pesca da Consellería www.pescadegalicia.com.
O alcalde, Abel Caballero, afirmou durante a súa visita á lonxa que esta actuación constitúe "unha aposta da cidade de Vigo pola pesca e polo mar" que "vai ser un referente en todo o mundo".
Para estas melloras, a Consellería de Pesca achegou un orzamento total de 432.500 euros, que se destinaron á informatización das transaccións comerciais realizadas nas lonxas de baixura-cerco e de conxelado e á instalación dunha rede ‘wireless’ (sen cables).
Concretamente, os traballos que se acometeron na lonxa do litoral consistiron na dotación de equipamentos para un sistema de información dirixido aos usuarios, para a pesaxe de mercadorías e de mostras de verificación de contidos, para a subhasta e para a adxudicación, así como para o sistema de información a compradores e vendedores. Así mesmo, instalouse unha rede ‘wireless’ en todas as áreas de subhasta de peixe tanto na lonxa de baixura-cerco como na de altura e na de grandes peixes.
Para a realización das melloras a Autoridade Portuaria fíxose cargo das reformas que foron necesarias para acondicionar a lonxa aos novos equipamentos portuarios.
Descargar todas as imaxes