Escoitar

Reunión da Xunta de Goberno Local

venres, 14 dec 2007
Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o luns 17 de decembro, ás 08.00 horas en primeira convocatoria e ás 09.00 horas en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación:


1.- Acta da sesión ordinaria do 22.10.07 e extraordinaria e urxente do 23.10.07.

BENESTAR SOCIAL
2.- Resolución das reclamacións e modalidade excepcional das AMES (Axudas municipais escolares de libros e comedor). Expte. 27183/301.

3.- Prestación do Centro de Día para persoas maiores: alta expte. 23/1626.

4.- Proxecto de convenio de cooperación entre Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar e o Concello de Vigo para finalización das obras de construcción de escola infantil municipal "Palencia". Expte. 27165/301.

DEPORTES
5.- Solicitude do Club de Atletismo Vigo de autorización para realizar a 3ª Carreira Popular San Silvestre Viguesa, o día 31.12.07 no Parque de Castrelos. Expte. 7257/333.

6.- Solicitude da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo de autorización para realizar a XLVI Carreira do Pavo por rúas do centro da cidade. Expte. 7349/333.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
7.- Proxecto de Ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas na vía pública. Expte. 74215/210.

MUSEO DE CASTRELOS
8.- Fixación do prexo de venda ó público do catálogo da exposición "Nelson Villalobos. Pinturas". Expte. 2722/337.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
9.- Proxecto de convenio de colaboración coa A.VV. De Teis para o uso e realización de actividades no Centro Cívico de Teis. Expte. 1346/321.

10.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Vigo. Expte. 3372/320.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
11.- Renuncia de Dª. Dolores Posada Fernández á concesión administrativa para uso de dominio público mediante explotación do quiosco da rúa Venezuela. Expte. 17980/240.

12.- Reclamación de D. Alfonso Pérez Santos (D. Fernando Silva Pereira) de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 1305/243. Desestimada.

13.- Reclamación de D. César A. Outerelo González (Allianz S.A.) de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 1264/243.Estimada.

14.- Adxudicación do concurso para a contrtación de mesturas bituminoss para o servizo de Vías e Obras. Expte. 53559/250.

15.- Adxudicación do concurso para a subministración de material eléctrico para a substitución do que se atopa deteriorado. Expte. 12239/444.

16.- Adxudicación do concurso para a substitución de puntos de luz por outros de menor consumo e maior eficiencia enerxética. Expte. 12226/444.

17.- Prórroga do contrato para a execución da subministración de consumibles informáticos. Expte. 3087/113.

PERSOAL
18.- Dar conta da resolución relativa a aboamento de gratificación por servizos especiais e extraordinarios ó persoal do Servizo de Extinción de Incendios- novembro de 2007. Expte. 17937/220.

19.- Nomeamento interino dun administrativo de Admón. Xeral para o Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego. Expte. 17918/220.

20.- Proposta de productividade do persoal da Escola de Artes e Oficios-2007.


PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
21.- Concesión e denegación de axudas municipais á contratación do ano 2007 no Marco do Plan municipal de Emprego 2004-2007. Expte. 4921/77.

22.- Procedemento de selección de axentes de emprego e desenvolvemento local para o ano 2007. Expte. 4962/77.

23.- Concesión de axudas municipais á creación de empresas do ano 2007 no Marco do Plan de Emprego 2004-2007. Expte. 4959/77.

TURISMO
24.- Proposta de concesión de subvencións do Plan de Calidade Turística 2007. Expte. 2151/104.


URBANISMO
25.- Alleamento de aproveitamento urbanístico atribuido ó Concello na UE I-02 Regueiro. Adxudicación do contrato.Expte. 4715/401.

26.- Proxecto de compensación da UA 1 Tomada. Aprobación definitiva. Expte. 4747/401.

27.- Alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ó Concello na U.a. 2 Carrasqueira. Deleración de deserto. Expte. 4725/401.

28.- Alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ó Concello no Polígono delimitado polas rúas San Xoan e Padre Celso. Subsanación de erro material e retroación de actuacións. Expte. 4750/401.

29.- Axudas para a rehabilitación de vivendas (concesión definitiva):
a) Rúa Real 50, Expte. 143/431.
b) Rúa Real 50, 2º. Expte. 195/431.
c) Rúa Real 50,3º. Expte. 196/431.

VIAS E OBRAS
30.- Devolución de fianza a REVSA S.L constituída para responder por canalización nas rúas Rivera Atienza e Fontáns. Expte. 53799/250.

31.- Devolución de fianza a Obras y Construcciones Dios, pola obra consolidación, rexeneración e aumento de superficie útil nas praias de Vigo. Expte. 52242/250.

32.- Expediente de contratación da prestación do servizo de maquinaria con operador para o Servizo de Vías e Obras. Expte. 53947/250.

33.- Expediente de contratación da subministración de material aglomerado para o Servizo de Vías e Obras do Concello de Vigo. Expte. 54057/250.

34- Rogos e preguntas.