Caballero revisa a situación do Plan Xeral co Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Inmobiliaria
Representantes do Colexio Oficial de Axentes da Propiedade visitaron este martes o alcalde, Abel Caballero, para revisaren conxuntamente a situación do novo Plan Xeral. Á saída do encontro, Caballero salientou a "posición de colaboración" do Colexio.
![1194358537inmobiliaria061107.jpg 1194358537inmobiliaria061107.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1194358537inmobiliaria061107.jpg)
O alcalde transmitiulles aos representantes desta institución o seu "convencemento" de que o novo PXOM estará aprobado antes do 31 de decembro, e barallou con eles a posibilidade de que o Colexio Oficial de Axentes da Propiedade "se involucre na xestión" do 40% de vivendas protexidas coas que espera que conte o Plan. Ademais, Caballero anunciou que o Colexio se porá en contacto "a partir do 1 de xaneiro" coa futura Oficina Municipal da Vivenda.
Os representantes do Colexio, por outra parte, solicitaron a cooperación técnica do Concello para aclarar aspectos relativos á interpretación do novo Plan Xeral, e pedíronlle a Caballero información sobre infraestruturas que, segundo afirmou o alcalde, "na versión anterior estaban sen financiamento".
Descargar todas as imaxes