As innovacións arquitectónicas de Vorarlberg, tema da mostra "Provocación construtiva" na Casa das Artes
Vorarlberg, a rexión máis occidental de Austria, está considerada un dos territorios máis interesantes en canto a arquitectura contemporánea en Europa, tanto que hoxe en día é un referente en aspectos como a relación calidade-prezo, a ecoloxía e o respecto polo territorio. A Casa das Artes dedica a este fenómeno unha exposición a partir deste mércores, baixo o título "Provocación construtiva".
Os habitantes de Vorarlberg conseguiron aplicar solucións innovadoras no deseño de espazos públicos e privados, partindo dun espazo caracterizado pola dispersión das construcións na paisaxe e a transformación das antigas estruturas sociais, económicas e culturais.
Nos anos 80 as construcións en madeira da Escola de Vorarlberg adquiriron recoñecemento internacional mentres na rexión se fomentaba a participación activa dos habitantes no proceso de realización das súas vivendas. Así, este territorio situado entre o Lago de Constanza e o Arlberg destaca por unha arquitectura altamente innovadora no referente á tecnoloxía e á creatividade, así como á planificación e execución ecolóxica nas construcións, gozando á vez dun sector de oficios altamente cualificados.
A exposición "Provocación construtiva" pretende transmitir ao visitante a gran presenza que ten a arquitectura contemporánea en Vorarlberg. Ademais, fai fincapé nas condicións que deron lugar a tal movemento cultural.
"Provocación construtiva" non nos mostra o resultado dunha era arquitectónica, senón que nos revela os diferentes aspectos dunha cultura aínda moi viva en canto a aspectos técnicos, creativos, sociais, ecolóxicos, artesanais e persoais que conforman unha maneira de vivir e de entender a vida.
A Casa das Artes recollerá mostras desta experiencia na súa planta primeira, através da exposición "Provocación Construtiva. Arquitetura contemporánea en Vorarlberg", organizada pola Concellería de Cultura, a delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Universidade de Vigo e o Centro de Innovación e Servizos en Madeira. A mostra é unha produción do VAI (Instituto de Arquitetura de Vorarlberg), e do IFA (Instituto Francés da Arquitetura).
Aspectos interactivos
Através da cooperación das institucións organizadoras co Instituto de Arquitectura de Vorarlberg preténdese mellorar a calidade do contido da exposición. Á parte da mostra ofrecerase un amplo ciclo de actividades que permitirá aos diferentes participantes do proceso construtivo como construtores, enxeñeiros, deliñantes e xente do ámbito da cultura e da política asistir a coloquios, obradoiros e conferencias para tratar con profundidade os distintos temas da exposición. Este ciclo de actividades pretende facer a exposición accesible ao público en xeral, coa intención de reforzar o intercambio de ideas entre as cidades que acollan a mostra e o Instituto de Arquitetura de Vorarlberg.
A exposición será inaugurada este mércores ás 20.00 horas e poderá visitarse ata o 27 de novembro nos seguintes horarios: de luns a venres, de 18.00 a 21.30 horas, os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas, e os domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas.