A integración e o emprego centran a visita dos representantes da Asociación do Pobo Xitano de Galicia
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este martes no Concello con representantes da Asociación do Pobo Xitano de Galicia, que lle presentaron diversas demandas en relación á problemática que afronta este colectivo, especialmente nos terreos da integración e do emprego.
Caballero mostrou o seu desexo de colaborar coa Asociación do Pobo Xitano en Galicia para conseguir conxuntamente o obxectivo dunha plena integración dos xitanos en Galicia. Neste sentido, os representantes da Asociación defenderon a superación da concepción dos xitanos como unha minoría para lograr unha nova imaxe equiparable á dos restantes cidadáns.
Descargar todas as imaxes