A entrada ao MARCO será gratuíta
A partir deste sábado, 30 de xuño, a entrada ao MARCO será gratuíta todos os días de apertura do museo. O Padroado do MARCO (composto por representantes do Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, Caixanova e o Ministerio de Cultura) aprobou por unanimidade a modalidade de libre acceso na súa última reunión do 5 de xuño.
O MARCO abriu as súas portas ao público o 13 de novembro de 2002, e tras un período inaugural de acceso gratuíto, a partir de xaneiro de 2003 estableceuse unha tarifa de entrada de 3 euros por persoa, con distintos tipos de desconto segundo o día da semana e o tipo de visitante. Estes descontos foron variando no tempo: a modalidade ‘ti decides’ (entrada gratuíta ou pagamento opcional) limitada nun principio aos martes pola tarde, ampliouse ao mércores durante todo o día, mentres se ían incrementando as posibilidades de acceso gratuíto para determinados grupos (membros da Agrupación de Amigos do MARCO, público infantil menor de 6 anos, asociacións) e servizos, como o Espazo Anexo e a Biblioteca.
Na súa primeira xornada de acceso gratuíto, o público poderá visitar as dúas exposicións que nestes días ocupan as salas: "Novos Horizontes" na planta baixa e "Carlos Rial" no Espazo Anexo, que se ampliarán a cinco a partir do venres 6 de xullo. Nesa data inauguraranse tres novas exposicións: no primeiro andar, a colectiva "Doppelgänger. O dobre da realidade" e a mostra fotográfica "Retratos doutro século. Colección fotográfica do Concello de Vigo", e no salón de actos a mostra de videoarte titulada "A viaxe dislocada".
HORARIOS
Museo
- Martes a sábados, de 11.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 15.00
- Pechado os luns
Espazo Anexo
- Martes a sábados, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.00
- Pechado os luns
Biblioteca-Centro de documentación
- Martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
- Pechada os sábados, domingos e luns.
Descargar todas as imaxes