Escoitar

Alumnos do CAT realizan unha demostración de cestería tradicional

Profesores e alumnos do curso de cestería tradicional do Centro de Artesanía Tradicional do Concello realizaron este venres unha demostración deste antigo oficio na fortaleza de San Sebastián.

venres, 29 xuñ 2007
1183122519cesteria290607a.jpg
O curso de cestería tradicional remata agora a súa temporada de inverno para dar paso aos cursos de verán, nos que se inclúen a actividade para nenos "Imos facer un cesto" e un curso de elaboración de cestos con corozas. O curso de inverno reanudarase en setembro e finalizará en decembro. Neste curso participan uns 20 alumnos, divididos en grupos de mañá e de tarde.

A demostración de cestería tradicional deste venres é unha das actuacións do CAT de cara á dinamización do Casco Vello, e especialmente do seu barrio alto, unha das zonas máis descoñecidas da nosa cidade pero cun enorme potencial cultural e histórico.

1183122519cesteria290607a.jpg
1183122549cesteria290607b.jpg
1183122579cesteria290607c.jpg
Descargar todas as imaxes