O edificio da Alcaldía deixará de ter servizo de vixilancia da Policía Local
O edificio da Alcaldía, situado na rúa Areal, deixará de contar este luns co servizo de vixilancia que viñan desempeñando 12 axentes da Policía Local. Ademais, segundo anunciou o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, foi suprimido xa o servizo de vixilancia persoal do alcalde, ao que se dedicaban outros 10 policías locais.
Calviño indicou nunha rolda de prensa este venres que manter estes servizos é "unha absoluta irresponsabilidade", tendo en conta a redución do número de efectivos de que dispón a Policía Local. De acordo coas cifras do concelleiro, hoxe en Vigo hai 350 policías locais, fronte aos 386 de hai catro anos.
Esta circunstancia, sinalou Calviño, agrávase polo feito de que arredor do 40% do total de efectivos estarán de vacacións nas primeiras quincenas de xullo, agosto e setembro. Así as cousas, o Goberno local viuse obrigado a "tomar resolucións inmediatas", por unha parte suprimindo os servizos de vixilancia mencionados e por outra mediante unha instrución de 26 de xuño na que se fixa unha dotación mínima de axentes para que Vigo cumpra cos "estándares de seguridade". Deste xeito, deberá haber un mínimo de 44 axentes nas rúas de mañá, 43 á tarde e "algúns menos" á noite.
Por outra parte, Xulio Calviño lembrou o seu "compromiso" coa mellora da Policía Local de Vigo, que pretende materializar ao longo dos próximos catro anos incrementando en 100 o número de efectivos do corpo. Para comezar, e dependendo da elaboración dun novo orzamento municipal, "procurarei que no primeiro ano sexan máis de 25", afirmou.
Descargar todas as imaxes