Galiexpo Motor Show abre as súas portas no IFEVI
A terceira edición de Galiexpo Motor Show, anteriormente denominado Galiexpotuning, abriu as súas portas este venres no IFEVI. O salón, que se desenvolve durante toda a fin de semana, reúne máis de 100 expositores dos sectores do turismo, o automóbil clásico, os todoterreos, as motos e o túning.
Os máis de 100 expositores que estarán presentes no recinto feiral de Cotogrande poderán mostrar os seus produtos da forma máis atractiva, mesmo utilizando o show como recurso, para conseguir o máximo impacto no público asistente. O comité organizador espera alcanzar os 100.000 visitantes, superando así os 87.000 do ano pasado.
As empresas líderes no sector dos turismos exporán as novidades e as últimas incorporacións de cada marca, presentando os modelos máis destacados e mostrando en detalle as súas características máis sobresaíntes.
As marcas de automóbiles 4x4 buscarán sorprender os visitantes do salón co deseño, os equipamentos e as comodidades duns modelos ata hai pouco só valorados polos amantes da aventura, pero que recentemente se teñen ido incorporando ao parque automobilístico das nosas cidades.
Por outra parte, os vehículos de competición estarán presentes para que os afeccionados e os non tan afeccionados poidan apreciar en detalle as preparacións especiais dos seus motores, freos, suspensións e elementos de seguridade, encamiñados a alcanzar as máximas prestacións en potencia e velocidade.
Galiexpo Show Motor deixará tamén que os vehículos clásicos trasladen o público no tempo, facéndolle recordar aqueles primeiro automóbiles que hai xa varias décadas percorrían estradas, vilas e cidades, e que hoxe, grazas aos esmero e coidado dos seus restauradores, se teñen convertido en verdadeiras obras de arte.
Motos
Nesta edición Galiexpo contará tamén cun segmento moi importante dentro do sector do motor, como é o mundo das motos. Así, no salón poderase ver un amplo abano de estilos, deseños, preparacións e motorizacións, que irán desde os ciclomotores e motos de rúa ata estilos como o cústom, rácing, trial e enduro, sen esquecerse dos quads e de todo tipo de complementos.
Túning
O túning foi a fonte de inspiración de Galiexpo nas súas edicións de 2005 e 2006. Este ano a organización tamén buscará as mellores preparacións túning e as súas correspondentes firmas, que estarán presentes nun escenario acorde co seu nivel.
Ademais, Galiexpo volverá buscar a complicidade e participación do público para crear un espazo vivo, onde a creatividade implícita desde sempre no túnig reciba o recoñecemento xeral do afeccionado e do visitante máis curioso.
As empresas máis significativas deste puxante sector, como son as de compoñentes, audio, carrocería e motorización, estarán presentes no salón para mostrar os seus novos produtos e as últimas propostas e tendencias.
Espectáculo
A combinación de distintos tipos de espectáculos seguirá sendo a seña de identidade de Galiexpo Motor Show, co obxectivo de conformar un evento de gran personalidade. Así, como nas pasadas edicións, a intervención de músicos e showmans de primeiro nivel, como Toom Pack, Mario Mendes e Dani Moreno ("El Gallo Máximo"), marcarán a impronta da organización na súa aposta por un evento fresco e orixinal.
Se falamos de show nun acontecemento do motor como este, o drift de coches e motos é a súa expresión máis grande, segundo apunta unha organización que espera abraiar o público coa pericia dos pilotos punteiros que participarán neste espectáculo de condución agresiva. O drift, que xa ten enchido estadios e recintos en Xapón, Estados Unidos e Europa, combina a potencia, o alto rendemento do coche e a destreza do piloto, sen esquecer unha carrocería impecable e o alixeiramento do peso nas seccións do automóbil.
A oferta de espectáculos de Galiexpo Motor Show completarase coas novas propostas estéticas e interpretativas das súas performances, que buscarán, unha vez máis, estimular a imaxinación de todos os asistentes a esta cita do motor.
Descargar todas as imaxes