Escoitar
Anuncio Festas e Animación Sociocultural

Convocatoria subvencións para actividades socioculturais realizadas no 2007

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo de data 26 de febreiro aprobou as "Bases da convocatoria de subvencións para actividades socioculturais realizadas durante o exercicio 2007".

mércores, 21 mar 2007
Por este motivo, comunícaselles a tódolos/as interesados/as que as citadas bases de convocatoria e os impresos de solicitude están á súa disposición no servizo de Información do Concello, na web municipal (www.vigo.org), e no BOP do día 8 de marzo. O prazo de presentación de solicitudes polo Rexistro Xeral rematará o 29 de marzo.