Escoitar
Anuncio Muller

Curso "Albun de recordos"

A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para o curso de carácter gratuíto "Albun de recordos" destinado a mulleres maiores de 18 anos. Prazas limitadas.

martes, 20 mar 2007
Obxectivos: Materializar os coñecementos persoais relacionados cos recordos propios e historia familiar a través dun álbum onde se poidan topar as imaxes, gustos e diversos datos da persoa que realiza o álbum ou como do seu contorno familiar. Para iso as participantes terán que recompilar datos (fotografías, documentos, cancións, etc.) relacioandos coa súa historia de vida e das persoas que queiran incluír no álbum.

O desenvolvemento do programa constará de 26h distribuídas en sesións semanais de 2 horas de duración cada unha.

Día da semana, venres
Horario, de 17,30 a 19,30 h
Lugar, Casa das Mulleres, rúa Romil, 20
Inscricións: Departamento da Muller.1ª planta Casa do Concello.Praza do Rei, 1, ata o 22 de marzo de 2007. Teléfono 986 810 284