O Goberno local presenta un plan de humanización do barrio de Casablanca
A alcaldesa, Corina Porro, presentou hoxe martes un plan para humanizar o barrio de Casablanca, que afecta a 12 rúas e inclúe actuacións como a ampliación e cambio de modelo das beirarrúas, a disposición de novo mobiliario urbano e a renovación do saneamento e do abastecemento.
En palabras de Porro, o plan busca "priorizar o tráfico peonil" para "recuperar un espazo público bastante degradado". As novas beirarrúas, segundo adiantou a alcaldesa, estarán feitas dos mesmos materiais utilizados na humanización da Travesía de Vigo.
Un dos problemas actuais do barrio de Casablanca, segundo se considera no documento presentado, é a falta de espazo para os peóns, polo que se avoga pola reordenación do tráfico rodado e a ampliación das beirarrúas, sen por iso reducir o número de prazas de aparcamento na zona, aínda que, como adiantou Corina Porro, se vai eliminar a dobre fila. De acordo co plan do Goberno local, a solución consistirá nun novo aparcadoiro na rúa Pizarro.
O documento presentado hoxe martes contempla, ademais, 250 novas farolas e 25 illas ecolóxicas para modernizar o mobiliario urbano do barrio, así como 640 novas árbores.
O plan de humanización de Casablanca conta cun prazo de execución de oito meses e supón un investimento de 5,5 millóns de euros. A intención do Goberno local é incluír unha primeira parte do financiamento deste plan no próximo orzamento municipal a partir de xuño, co cal se podería "licitalo antes de final de ano", de acordo coas expectativas feitas públicas por Corina Porro.