A Xunta Local de Seguridade avaliou o labor desenvolvido en 2006
A Xunta Local de Seguridade reuniuse hoxe martes no Concello para analizar, entre outros asuntos, a evolución da delincuencia no termo municipal durante 2006 e a división dos espazos competenciais da Policía Local e da Garda Civil.
A taxa de criminalidade en Vigo durante o ano pasado foi de 33,61 infraccións por 1.000 habitantes, sensiblemente inferior ao promedio español do 50/1.000 para o mesmo período. O número de delictos no termo municipal de Vigo reduciuse nun 12,5%, mentres que o de faltas o fixo nun 4,9%. Estas porcentaxes dan como resultado unha redución das infraccións penais en 2006 do 8,5%. A taxa de esclarecemento destas infraccións foi do 42%, superior á taxa do 30% para o conxunto do Estado.
Reparto de espazos
A Xunta Local de Seguridade aprobou a división de espazos competenciais acordada entre os responsables da Policía Local e da Garda Civil en materia de Seguridade Vial, onde se inclúen actuacións como a instrución de dilixencias por accidentes, a vixilancia e control do tráfico e as denuncias.
O acordo establece as seguintes estradas e travesías do casco urbano como áreas de competencia da Policía Local de Vigo:
- A-55 Vigo-Tui. Desde o inicio ata o kilómetro 1,8 (cruzamento do Seminario)
- N-552 Redondela-Vigo. Desde o inicio do termo municipal ata o final
- N-556 Vigo-Peinador. Na súa totalidade
- PO-323 Chapela-Vigo. Da avenida de Galicia á fin do termo municipal
- PO-324 Ponte Lagares-Canido. Na súa totalidade
- PO-325 Vigo-Ramallosa. Desde o inicio ata o kilómetro 1,6 (intersección coa estrada dos muíños)
- PO-330 Vigo-Vincios. Desde o inicio ata o punto kilométrico 3
- PO-552 Vigo-Tui. Desde o inicio ata o punto kilométrico 1,5 (ponte sobre VG-20)
- Resto de vías de titularidade municipal situadas dentro do casco urbano.
As citadas competencias exerceránse as 24 horas do día e durante os 365 días do ano.
Drogas
Por outra parte, a Xunta Local de Seguridade avaliou os labores de vixilancia e control de tráfico de drogas tanto nos centros escolares e os seus contornos como nos centros de ocio e diversión. Segundo afirmou tras a reunión o subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, os corpos de seguridade constataron no último ano a práctica ausencia de tráfico de estupefacientes no primeiro caso, mentres que no segundo están "dispostos a exercer a presión máxima posible" para reducilo.
Violencia de xénero
Outro dos temas da reunión foi o da violencia de xénero, fronte á cal, segundo asegurou Delfín Fernández, "non hai que baixar a garda", aínda que as cifras en Vigo teñan mellorado. As policías Nacional, Local e Autonómica velaban a día 1 de marzo deste ano polo cumprimento de 505 ordes de protección e afastamento. O subdelegado do Goberno salientou o bo labor dos corpos de seguridade nesta materia e sinalou que o problema dos malos tratos "tocou teito" o ano pasado.
Descargar todas as imaxes