Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico do 1º Cinto de Bouzas e rúa Cañiza

luns, 12 mar 2007
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación do paso elevado no cruzamento do 1º Cinto de Bouzas e a rúa Cañiza, a realizar pola empresa SERCOYSA, estará pechado ao
tráfico o devandito cruzamento, con acceso exclusivo para residentes, dende o luns 12 de marzo de 2007 ás 10:00 horas e por un período aproximado de seis semanas.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense do seguinte xeito:
-Os vehículos procedentes da VG-20 e con destino Av Citroën e Balaídos sairán da VG-20 pola saída 4 a Ricardo Mella, Caramuxo, Florida, Citroën e Balaídos.
-Os vehículos procedentes da Av Citroën, Balaídos e con destino á VG-20 seguirán por Florida, Caramuxo, Ricardo Mella, 1º Cinto e VG-20.
-Os vehículos procedentes da Av Florida e con destino á VG-20, Bouzas e ao porto seguirán por Florida, Caramuxo, Ricardo Mella e 1º Cinto.
-Os vehículos procedentes de Camposancos e con destino á VG-20 seguirán por Florida, Caramuxo, Ricardo Mella e VG-20.
-Non se verán afectados polo peche os vehículos procedentes da Av Citroën, Balaídos e con destino a Bouzas e ao porto que circulen polo paso elevado sobre Ricardo Mella.
Mentres dure a obra e para garantir o acceso aos residentes, establécese dobre sentido de circulación na rúa Cañiza.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.