Catorce alumnos do Proxecto Actívate realizarán prácticas en vehículos adaptados
Catorce alumnos do proxecto Actívate, incluído no Plan Municipal de Emprego, realizarán prácticas laborais nas próximas semanas en vehículos adaptados a persoas de mobilidade reducida. Hoxe martes asinouse o convenio de colaboración correspondente entre a Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, Vitrasa, Doralresidencias e a Cruz Vermella Española.
Cada día, estas empresas realizan diferentes rutas en microbús ou furgoneta adaptados dentro do termo municipal de Vigo para trasladaren persoas de mobilidade reducida que son atendidas por persoal cualificado para a súa mobilización e para o manexo das adaptacións e medios mecánicos con que contan estes vehículos.
Serán estas persoas, condutores titulares, as que supervisen as prácticas dos beneficiarios do Proxecto Actívate, que veñen de realizar un periodo de formación teórico-práctica para complementalo durante este mes de febreiro con cando menos unha semana de prácticas nun ambiente real de traballo.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares, espera que os 14 alumnos e alumnas que realizarán as súas prácticas como condutores-monitores de transporte adaptado "respondan ás expectativas" das citadas empresas. Estes alumnos forman parte do itinerario de inserción laboral "Monitor/a-condutor/a de transporte escolar e adaptado", que se completa coa obtención do permiso de condución de autobuses (tipo D), así como con formación específica como acompañante de transporte escolar. Deste xeito, os alumnos contan cunha tripla saída laboral.
Ademais do itinerario de inserción de "Monitor/a-condutor/a de transporte escolar e adaptado", dentro do Proxecto Actívate levouse a cabo xa o de "Experto/a en limpeza" e estanse a desenvolver os de "Teleoperador/a", "Axudante de cociña en centros escolares e sociosanitarios", "Auxiliar de axuda a domicilio" e "Lencería, lavandería e pasado de ferro".
O Proxecto Actívate é unha iniciativa da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo, integrada no Plan Municipal de Emprego 2004-2007, e subvencionada polo Ministerio de Administracións Públicas no marco do Programa Operativo de Fomento de Emprego a través da Subvención Global do Fondo Social Europeo.
As accións do Proxecto teñen por obxectivo a mellora da ocupabilidade de 90 demandantes de emprego do municipio de Vigo, prioritariamente mulleres con dificultades de inserción laboral e colectivos en situación ou risco de exclusión social.
Descargar todas as imaxes