Escoitar

Programa de subvencións para o fomento de actividades de participación cidadá

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, ben de aprobar o Programa de subvencións para o fomento de actividades de participación cidadá e desenvolvemento sociocomunitario no ano 2007.

luns, 5 feb 2007
A través deste programa de subvencións se pretende un ano mais, consolidar o asociacionismo e a participación cidadá, contribuíndo ao fortalecemento do tecido social vigués e a promoción da calidade de vida e benestar social dos nosos cidadáns, así como axudar ao financiamento de gastos da entidades que operan no ámbito do movemento veciñal.

Para ditos fins, estableceuse na súa partida correspondente a cantidade de 143.821 €, que se distribuirán previa comparación das solicitudes presentadas a fin de establecer unha prelación entre as mesmas, de acordo cos criterios de valoración que figuran nas bases, dunha maneira proporcional á puntuación obtida.

Non obstante, a subvención non poderán superar o 70 % do presuposto e en ningún caso a cantidade de 12.000 € para o programa de actividades de participación cidadá; e o 50 % e en ningún caso a cantidade de 2.000 € para o programa de mantemento das entidades que operan no ámbito do movemento veciñal.

O prazo de presentación de solicitudes, que se efectuará no Rexistro Xeral deste Concello, será de 20 días habiles dende a publicación das bases no Boletín Oficial de Pontevedra.

No pasado exercicio, e con cargo a este programa, concedéronse 60 subvencións para actividades de participación cidadá, que atendían maioritariamente a actividades asociativas e veciñais, cursos e xornadas de formación e algunha publicación informativa e 21 subvencións para mantemento das entidades que operan no ámbito do movemento veciñal.