O Cineclub Lumière ofrece en febreiro o ciclo "Entre fronteiras"
O Cineclube Lumière ofrece durante o mes de febreiro un ciclo de cine co título de "Entre fronteiras", coincidindo coa apertura da exposición do mesmo nome no MARCO. A primeira película, "Camping à la ferme", de Jean-Pierre Sinapi, poderá verse o luns a partir das 20:30 no Auditorio Municipal.
O ciclo, co que colabora a Concellaría de Festas e Animación Sociocultural, consiste nunha selección de catro filmes que falan das fronteiras e das marxes desde diferentes perspectivas: límites xeográficos, históricos, reais ou imaxinarios, historias relacionadas cos problemas de identidade, coa integración ou marxinación social, cos conflitos fronteirizos, co nomadismo, co territorio individual e social e os seus arredores.
Deste xeito, o Cineclube Lumière quere potenciar o carácter complementario da súa programación e a do MARCO. Así, cada unha das persoas que asistan a calquera das películas do ciclo recibirá unha entrada gratuíta para visitar a exposción "Entre fronteiras" no MARCO a partir do 9 de febreiro. Ademais, os membros da Agrupación de Amigos do MARCO beneficiaranse dun desconto do 25% no prezo de entrada ao ciclo, a mesma tarifa que se aplica ás persoas asociadas ao Cineclube.
Títulos
Produción francesa dirixida en 2005 por Jean-Pierre Sinapi, "Camping à la ferme" conta a historia de seis mozos da periferia de París que chegan ao máis recóndito da campiña francesa baixo a vixilancia dos seus educadores. Na pequena vila onde irán parar, os seis deben mostrar a súa boa vontade facendo traballos de interese xeral e entre todos (un que non para de falar polo móbil, o pit-bull do outro, as pregarias do compañeiro musulmán…) arranxarán a vida do lugar.
O ciclo "Entre fronteiras" complétase cos seguintes títulos: o luns 12 de febreiro "Nomadak TX", de Raúl de la Fuente (España, 2005); o 19 de febreiro, "Todos nos chamamos Alí", de R. W. Fassbinder (Alemaña, 1973), e o 26, "A última lúa", de Miguel Littin (Chile-México-España, 2005).
Prezos
Cota anual de socio: 15 euros
Cota por película para socios e amigos do MARCO: 3 euros
Cota por película para colaboradores: 4 euros
Parados, xubilados e pensionistas con carné: 3 euros.