Escoitar

O Concello sumarase ao "apagón global"

Este serán, o Concello de Vigo sumarase ao "apagón global" convocado polo grupo ecoloxista "La Alianza por el Planeta", apagando as luces da Alcaldía e do edificio do Concello entre as 19:55 e as 20:00 horas nunha iniciativa que pretende chamar a atención sobre o problema do derroche enerxético.

xoves, 1 feb 2007
Así, durante 5 minutos (entre as 19:55 e as 20:00 horas) todas as luces dos edificios municipais da Alcaldía e da Casa do Concello permanecerán apagadas.

Neste sentido, a alcaldesa anima a que outras institucións e organizacións da cidade se sumen hoxe xoves a esta iniciativa.