Escoitar

Corina Porro reúnese co vicepresidente da República Dominicana

Corina Porro recibiu hoxe mércores na sede da Alcaldía o vicepresidente da República Dominicana, Rafael Alburquerque de Castro, quen visita esta semana Galicia para "recoñecer a achega" da comunidade galega e intensificar contactos de cara a posibles investimentos no seu país.

mércores, 31 xan 2007
1170252753dominicana310107.jpg
Rafael Arburquerque de Castro, quen se re dixo que existe un "vínculo moi estreito" entre Galicia e a República Dominicana a través dunha "comunidade empresarial galega puxante que ten achegado moito ao desenvolvemento" do país centroamericano.

Coa súa visita, a delegación encabezada polo vicepresidente da República Dominicana quere "aproveitar a experiencia" de Galicia en terreos como as enerxías renovables, onde xa "hai contactos de posibles investimentos" no que atinxe á enerxía eólica, e o desenvolvemento da industria pesqueira.

Rafael Alburquerque de Castro mantivo un encontro onte martes co presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, para tratar da cooperación técnica e financeira nun conxunto de proxectos, como o de saneamento ambiental da cidade de Santo Domingo.

Á reunión coa alcaldesa celebrada hoxe mércores asistiron, xunto ao vicepresidente da República Dominicana, a súa esposa, Marta Montesdeoca, o arcebispo emérito de Santo Domingo de Guzmán, Monseñor Arnaiz, o promotor do irmanamento entre Santo Domingo e A Guarda, Manuel Lorenzo Castro, e o alcalde da Guarda, José Luis Alonso Riego. Precisamente a visita da delegación dominicana a Galicia prodúcese no marco do irmanamento entre Santo Domingo e A Guarda.
Descargar todas as imaxes