Escoitar

A Escola de Artes e Oficios seguirá expoñendo os traballos dos seus profesores e alumnos

A primeira parte da exposición "Expoarte e Oficios" finaliza mañá mércores na Escola de Artes e Oficios. A mostra poderá visitarse novamente a partir do 20 de febreiro, acrecentada con novos traballos dos alumnos e profesores da Escola.

martes, 30 xan 2007
"Expoarte e Oficios" amosa os traballos dos obradoiros de ourivería, luthería antiga, cerámica e instrumentos musicais populares galegos, así como a colección permanente Antón Corral, que se poderá seguir visitando os venres de 17.00 a 20.00 horas.

O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, salienta a importancia de que a cidadanía saiba o que se fai na Escola e a importancia desta na transmisión do coñecemento do traballo artesán.

Con motivo desta exposición, o Departamento de Música Tradicional e Folk (DMTF) da Escola organizou un ciclo de concertos e seminarios durante o Nadal. Como continuación desta actividade, está previsto que o auditorio da Escola acolla os venres a partir das 19.00 horas novos concertos ou seminarios a cargo do DMTF.