Bases do Concurso de Comparsas do Entroido 2007
A Xunta de Goberno Local aprobou onte luns as bases do Concurso de Comparsas do Entroido deste ano. Son as seguintes:
PRIMEIRA.- A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo convoca o tradicional concurso de comparsas, que se realizará dentro do programa de actividades e espectáculos do Entroido 2007. Neste concurso poderán inscribirse todas aquelas comparsas integradas por un mínimo de 20 persoas.
SEGUNDA.- As solicitudes de inscrición poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, en impreso normalizado para este fin, dende a aprobación destas bases na Xunta de Goberno Local ata as 13.30 horas do día 8 de febreiro. Todas aquelas solicitudes presentadas fóra deste prazo serán desestimadas, calquera que sexa a causa do seu retraso. As bases publicitaranse a través de anuncio nos medios de comunicación local e estarán a disposición dos/as interesados/as na Oficina de Información situada na lonxa do Concello e na web municipal.
TERCEIRA.- Os premios establecidos para o concurso de comparsas serán:
1º PREMIO: 2.500 euros
2º PREMIO: 1.900 euros
3º PREMIO: 1.300 euros
PREMIO ESPECIAL: 700 euros á comparsa máis festeira, non acumulable aos premios citados anteriormente.
20 ACCÉSIT de 700 euros cada un deles, non acumulables aos tres primeiros premios.
PREMIO DO DESFILE DO "ENTERRO DO MECO": 850 euros. Outorgaráselle á comparsa mellor caracterizada no desfile do día 21 de febreiro de 2007. Para poder optar a este premio, os/as integrantes da comparsa deberán vestir de loito rigoroso, entendendo por tal a utilización de prendas de cor negra ou morada na súa totalidade. En todo caso, será o xurado do concurso o único con capacidade para valorar este aspecto.
Os premios serán indivisibles e poderán quedar desertos algúns deles, sobre todo no caso dos accéssit, segundo a decisión do xurado do concurso. En caso de empate decidirá o voto de calidade do presidente do xurado.
Os aboamentos dos premios serán tramitados pola Concellaría de Festas e Animación Sociocultural unha vez recibida a acta do xurado e estarán suxeitos á normativa fiscal que corresponda.
CUARTA.- O número da orde das comparsas inscritas no desfile asignarase mediante sorteo público, que se realizará o luns, día 9 de febreiro ás 12.00 horas na Casa do Concello, sita na praza do Rei, s/n. Co obxecto de facilitar a organización deste concurso, resulta conveniente que algún representante de cada comparsa inscrita acuda a este sorteo.
QUINTA.- A concentración das comparsas inscritas farase na rúa García Barbón (entre a rúa Serafin Avendaño e o nó de Isaac Peral) o sábado día 17 de febreiro ás 17.30 horas, para comezar o desfile ás 18.30 horas. As comparsas percorrerán as seguintes rúas: García Barbón (dende a rúa Serafín Avendaño), Policarpo Sanz e Porta do Sol (remate).
As comparsas que se presenten unha vez pasada a hora de concentración (17.30 h) desfilarán en último lugar, se así o estima o persoal de organización.
SEXTA.- As carrozas participantes no desfile de comparsas non poderán exceder das seguintes dimensións: longo: 7,00 metros; largo: 3,50 metros; alto: 4,00 metros.
En caso de que algunha das carrozas participantes incumpra algunha destas medidas quedará excluída directamente do desfile.
Así mesmo, o persoal de organización e o xurado do concurso quedan facultados para excluír do desfile ou cambiar o seu posto na orde a calquera elemento das comparsas que se considere perigoso (animais de todo tipo, petardos, bengalas...), co obxecto de garantir a seguridade dos demais participantes e do público asistente.
SÉTIMA.- A cualificación das comparsas concursantes será determinada polo xurado durante o desfile do día 17 de febreiro. O xurado do concurso estará composto por:
PRESIDENTE: Concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, ou persoa en quen delegue.
VOCAIS: Tres persoas vencelladas ó humorismo, medios de comunicación, artes escénicas, deseño, cultura... máis un membro da comisión organizadora do Entroido 2007.
SECRETARI0/A: Un técnico ou técnica do Concello de Vigo, con voz e sen voto.
O xurado terá liberdade de criterio para establecer as súas cualificacións, pero deberá prestar atención a cuestións como: número de membros, vestiario, orixinalidade, presenza de elementos complementarios como carrozas, harmonía, simpatía, etc.
Queda totalmente prohibido que as comparsas se deteñan durante o desfile ao seu paso por diante do palco do xurado, así como que algún dos seus membros se dirixa a este. Nos dous casos, a comparsa quedará eliminada do concurso se así o estima o xurado.
OITAVA.- As comparsas inscritas deberán participar na comitiva do "Enterro do Meco" o día 21 de febreiro coa mesma orde de desfile. O horario de concentración neste caso será ás 18.30 horas, para comezar o desfile ás 19.30 horas. O lugar de concentración e o percorrido do desfile do "Enterro do Meco" serán os mesmos que os do día 17 de febreiro.
NOVENA.- As comparsas inscritas no concurso deberán participar no desfile do día 21 de febreiro co mesmo número de participantes que o día 17 de febreiro, e con algún distintivo de loito. O incumprimento dalgunha destas dúas condicións motivará a perda de calquera dos premios obtidos no primeiro desfile.
DÉCIMA.- A decisión do xurado farase pública mediante a lectura da acta ao remate do desfile do "Enterro do Meco", na Praza da Constitución.
DÉCIMO PRIMEIRA.- O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural queda facultado para resolver as posibles eventualidades ou controversias que poidan xurdir e non previstas nestas bases.
DÉCIMO SEGUNDA.- A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases. A decisión do xurado é inapelable.