Aprobados proxectos de abastecemento e saneamento por 453.000 euros
A Xunta de Goberno Local aprobou onte luns unha serie de proxectos para a execución de obras de abastecemento e saneamento, por un importe total de 453.000 euros. Son a mellora do abastecemento da rúa Areal, a reposición de abastecemento no camiño Seara (Vigo) e o saneamento do camiño Xorxa (Teis).
Os traballos proxectados na rúa Areal supoñen un investimento de 223.500 euros, mentres que o do camiño Seara é de 151.000. As obras do camiño Xorxa teñen un importe de 79.000 euros. O prazo máximo de execución previsto para cada obra é de dous meses. Polo mesmo acordo da Xunta de Goberno ábrese o proceso de licitación e convócase un concurso aberto para a selección do contratista.
Mercado do Progreso
Ademais, o Goberno local decidiu desestimar un conxunto de 73 recursos de reposición contra a imposición de sancións polo impago das cotas do Mercado do Progreso. Os expedientes sancionadores refírense ao período comprendido entre setembro de 2004 e febreiro de 2006, e soman un total de case 98.600 euros.
Axuda ás empresas
Por outra parte, o Concello promoverá ante a Consellaría de Traballo a cualificación como Iniciativa Local de Emprego da iniciativa EMPRENDIA, que terá por obxecto financiar e facilitar a consolidación e expansión de empresas de nova creación, así como a investidores privados e profesionais.
A participación do Concello nesta iniciativa empresarial concretarase no apoio do equipo do Servizo de Asesoramento a Emprendedores/as (SAE), que asiste na preparación e confección da memoria e o proxecto de viabilidade empresarial de EMPRENDIA. O SAE tamén colabora no asesoramento para levar a cabo os trámites para a posta en marcha desta iniciativa.
Enerxía solar
Así mesmo, a Xunta de Goberno autorizou a Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI) a usar unha superficie de 60 m2 da cuberta do edificio do Parque Central de Servizos de Santa Cristina. A FAIMEVI instalará neste espazo un sistema de captación de enerxía solar térmica, que servirá para abastercer unha parte das necesidades de auga quente sanitaria do mesmo Parque Central.
Descargar todas as imaxes