Escoitar

Vigo celebra o festival "Pobreza Cero"

O Foro Social Galicia Sur organiza este sábado en Vigo o festival "Pobreza Cero: Somos a Primeira Xeración Capaz de Erradicar a Pobreza". Os actos terán lugar na lonxa do Concello desde ás 19.00 ás 23.00 horas.

xoves, 1 feb 2007
1170333766pobrezacero.jpg
Organizacións non gobernamentais que conforman o Foro Social Galicia Sur invítan á cidadanía a participar no festival "Pobreza Cero". Ao longo de catro horas nas que haberá teatro, música, lectura de contos e outras propostas, falarase de cada un dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, dos logros alcanzados e do que aínda queda por facer para que desapareza a pobreza e a desigualdade no mundo. Será posible se cada un e unha de nós aporta o seu grao de area.

No ano 2000 os gobernos e estados asinaron a Declaración do Milenio das Nacións Unidas e se comprometeron co cumprimento de 8 Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, a alcanzar no 2015, como primeiro paso para erradicar a fame e a pobreza. Existindo a posibilidade real de que se logren, non obstante segue faltando a firme vontade política de moitos gobernantes para cumprir as promesas formuladas en devandito ano. Neste contexto organizacións e actores sociais poñen en marcha a Campaña Pobreza Cero, como un chamamento á sociedade civil de todo o mundo a mobilizarse para esixir aos seus gobernos que traballen en prol do alcance destes obxectivos.

PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL
19:00 h. Acto Inaugural
19:15 h. Representación GRUPO TEATRO "THALIA: Comunidades do Proxecto Frades"
20:00 h. Degustación Chocolate comercio Xusto
20:15 h. Lectura do Manifesto

Actuacións Musicais:
20:30 h. "TANXEDORAS DO PANDEIRO"
21:45 h. "WOÍMA"
22:45 h. Lectura dun conto sobre a Paz MARÍA REIMONDEZ
23:00 h. Acto de Clausura
Descargar todas as imaxes