Escoitar

Acordada a permuta dunha parcela municipal do Plan Parcial Gandariña

A Xerencia Municipal de Urbanismo acordou hoxe xoves a permuta dunha parcela do Concello, de 230 m2 e pertencente ao Plan Parcial Gandariña 2 B, por outra privada, da mesma superficie e propiedade da sociedade Apariper S.L.

xoves, 1 feb 2007
1170336826xeren010207.jpg
Nesta permuta Apariper S.L. aboará ao Concello cerca de 10.300 euros, cantidade resultante da diferenza de valor das dúas parcelas. A parcela privada, valorada nuns 60.000 euros, está situada nunha zona reservada para institucións de uso público non recreativo, cunha edificabilidade media de 1,2 m2/m2. A parcela municipal ten un valor aproximado de 70.000 euros e unha edificabilidade de 1,33 m2/m2.

O Consello da Xerencia adoptou este acordo cos votos faborables de PP e BNG, a abstención do PSdeG-PSOE e o voto en contra do PG.
Descargar todas as imaxes