Escoitar

O Concello inicia as negociacións para o acceso a internet no rural

A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias mantivo hoxe un encontro coa directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, María Elena Veiguela para tratar da extensión de Internet e da Televisión Dixital terrestre ás zonas rurais de Vigo.

venres, 2 feb 2007
Na xuntanza o Concello presentou o Plan Director de Infraestructuras para o acceso a Internet e da TDT ás zonas rurais e remotas co fin de buscar financiamento da administración autonómica para costear o proxecto.

Por parte da dirección xeral comprometeuse a realizar xestións coas empresas operadoras de sinal por cable para axilizar a prestación deste servizo aos núcleos do rural no municipio. Outro dos asuntos que se abordaron foron ampliar os puntos cidadáns de acceso a internet nas parroquias e impulsar a figura do dinamizar da sociedade da información.