Escoitar

Entrega do premio de concurso de debuxo de Vigozoo

O pasado sábado 3 de febreiro tivo lugar no auditorio do Parque das Ciencias Vigozoo a entrega de premios do concurso de debuxo asociado á pasada campaña de Nadal denominada "Nadal Solidario – Un neno, un alimento", no que participaron 91 rapaces e rapazas de 3 a 13 anos de idade.

martes, 6 feb 2007
1170756432nenoszoo.jpg
En total os 10 premiados achegáronse ás instalacións do zoo para recoller os premios que consistían en abonos familiares anuais valorados en 26 euros para cada unha das familias dos participantes, ademais de camisetas, carpetas, pinturas de cores e cadernos para colorear.

Os premiados foron recibidos polo persoal do departamento de educación do zoo e polo presidente da institución, o concelleiro José Manuel Couto Pérez.

Despois da entrega de premios os asistentes participaron na actividade-obradoiro denominada: "toca-toca", onde puideron tocar e manipular distintos animais (serpes, lagartos, tartarugas e insectos).

Relación de premiados:

Categoría de 0 a 5 ano: Iker Fernández González; Sabela Fernández Rodríguez e Soelia Badía Badía.

Categoría de 6 a 7 anos: Tegra Zabala Fernández; Sara Lago Tielas e Laura Fernández Rodríguez.

Categoría de 8 a 10 anos: Clara Landesa Gómez; Claudia Lamela Oujo e Ada De la Rosa Álvarez.

Categoría de 11 a 13 anos: Cesar Landesa Gómez.
Descargar todas as imaxes