Concello e Universidade colaboran nun programa para fomentar o uso do galego
O alcalde, Lois Castrillo, e o rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, asinaron un convenio de colaboración para desenvolver un programa de dinamización do uso do galego entre os rapaces. O programa, denominado “¿Xogas? En galego podemos”, asocia o uso do idioma galego a xogos e prácticas deportivas para gañar efectividade.
O alcalde explicou que o Concello está a centrar o seu traballo de fomento da lingua no segmento de poboación máis xove, xa que aínda que ten unha boa formación en galego é no que se detecta un menor número de galego falantes. Lois Castrillo dixo que “o futuro da nosa lingua e, polo tanto, da cultura e a identidade deste país dependen das xeracións máis novas, polo que todas as institucións deben aunar esforzos e incentivar e valorizar o uso do galego entre os rapaces e rapazas”.
O programa que van desenvolver Concello e Universidade de Vigo está apoiado por unidades didácticas que se distribuirán nos seminarios de educación física e entre os rapaces que practican deporte nos colexios públicos e na Universidade. Tamén se elaboraron guías de medio ambiente que se utilizarán para realizar cos rapaces actividades de sendeirismo ou de deportes relacionados coa natureza.
A presentación da campaña realizouse no colexio público Seis do Nadal, onde Lois Castrillo e Domingo Docampo asistiron a unha demostración realizada polos alumnos dos xogos que se propoñen nas unidades didácticas.
A campaña ten un presuposto de 24.040,43 euros que son aportados a partes iguais por Concello e Universidade.
Descargar todas as imaxes