Normalización Lingüística clausura o ”Curso da auga” en Beade
A concelleira de Normalización Lingüística, Carme Martínez-Corbalán, entrégalles os diplomas ós participantes no ”Curso da auga” nun acto que se celebra na asociación de veciños de Beade. Trátase dun curso de lingua galega sobre léxico, toponimia, flora, fauna e etnografía relacionados coa auga doce.
As actividades deste curso céntranse na realidade viguesa para que os alumnos sintan o achegamento e aplicación de coñecementos no seu contorno máis próximo. Máis que estudiar gramática, preténdese chamar a atención sobre aqueles aspectos da lingua vinculados á cultura propia. O curso ten unha duración de 20 horas e dúas saídas de campo.
O relevo, as vidas vexetal e animal, o aproveitamento no mundo tradicional, o fogar, a saúde e o lecer son os contidos, relacionados coa auga doce, que se lles explicaron ós alumnos participantes.
Lugares de Vigo como Ameixeira (Alcabre), Amieiro (Candeán), Vimbieiros (Matamá), Canido e Os Liñares(Oia) ou Freixeiro son algúns dos topónimos relacionados con vexetación próxima a zonas acuíferas.
Aves, mamíferos, anfibios, réptiles e insectos dos bosques vigueses son tamén obxecto de estudio deste curso, igual que contos, lendas e labores agrícolas relacionados coa auga. Aguadores, lavandeiras, poceiros, mineiros e bombeiros aparecen no apartado de estudio dedicado ós oficios.