O Concello de Vigo recibe a Placa de Honor con insignia de ouro da Federación Española de Patinaxe
A xunta directiva da Federación Española de Patinaxe outorgoulle a Placa de Honor con insignia de ouro ó Concello de Vigo, en recoñecemento ó seu labor de promoción da patinaxe. O responsable de Deportes, Santiago Domínguez, estendeu esta distinción ós deportistas, técnicos e persoas vinculadas á patinaxe en Vigo.
Santiago Domínguez destacou o labor desenvolvido polos patinadores e polas persoas que traballan a cotío pola promoción deste deporte e asegurou que o Concello de Vigo seguirá apoiando a patinaxe.
Santiago Domínguez destacou o labor desenvolvido polos patinadores e polas persoas que traballan a cotío pola promoción deste deporte e asegurou que o Concello de Vigo seguirá apoiando a patinaxe.